A experiencia dos centros sociais, no Festigal 2014

Oito espazos sociais e catorce asociacións darán a coñecer a súa actividade

asociacionO Festigal 2014 brindará a oportunidade de achegarse ao funcionamento dos centros sociais concibidos como modelo de activismo político e sociocultural en Galiza. A cita será o 25 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela.

Ás 19:00 horas, haberá unha charla de presentación da iniciativa da Escola de Ensino Galego Semente. Ademais, os centros sociais terán un espazo de seu con material exposto e á venda. Alí poderase atopar información das actividades dinamizadoras de Cultura do País (Lugo), L.S. Faísca (Vigo), A Gentalha do Pichel (Compostela), Xebra (Burela), A Galleira (Ourense) Artabria (Ferrol ) e O Fuscallo (A Guarda). Será, pois, un punto de encontro para compartir as iniciativas impulsadas por estes colectivos.

Na Galería das Asociacións, nesta edición 2014, estarán representadas A Mesa pola Normalización Lingüística, Isca!, UMG, Abrente, Liga Estudantil Galega, Comités, Galiza Nova, Fundación Galiza Sempre, Fundación Bautista Álvarez, Adega, BNG, CIG, Forga e MGS.

Você pode gostar...

1 Resultado

  1. 22 Xullo, 2014

    […] A experiencia dos centros sociais, no Festigal 2014 […]