A Galería das Letras e das Ideas do Festigal 2015 chega cargada de libros e de debates sobre o dereito dos pobos a decidir

Será un punto de encontro para amantes da lectura e do debate político o 25 de xullo, a partir das 16:00 horas, no campus sur de Santiago de Compostela

Galería das ideas. 25 de xullo

Galería das ideas. 25 de xullo

A Galerías das Letras e das Ideas do Festigal 2015 contará con presentacións de novidades editoriais, con presenza de autores para conversar con eles, debates sobre o cambio político, soberanía e dereito a decidir, un proxecto artístico-literario e un espazo para a venda de libros. Será, pois, un punto de encontro para amantes da lectura e do debate político que se darán cita o 25 de xullo, a partir das 16:00 horas, no campus sur de Santiago de Compostela.

Este espazo abre coa presentación dos libros “Guía para o descenso enerxético”, de Manuel Casal, Véspera de Nada; “O bigote de Mimí” e “Sonetos á Casa de Hortas”, de Manuel María, Fundación Manuel María; “A galera de Xelmírez”, de Xabier Paz, Edicións Xerais.

Ás 17:30 horas será o debate “Cambio político e dereito a decidir”, presentado por Xabier Macías, presidente do Centre Maurits Coppieters, coas intervencións de Néstor Rego, Secretario de iniciativas políticas e relacións internacionais, membro da Executiva Nacional do BNG; Maite Ubiria, responsábel de relacións internacionais de EH-Bildu; e Nora Miralles, Responsábel da área internacional do Secretariado Nacional das CUP.

Ás 18:45 horas está previsto o debate “De Europa a Palestina, de Galiza a Gaza, pola soberanía dos Pobos. O caso da Flotilla da Liberdade”, presentado por Moncho Iglesias, activista galego que residiu en Palestina, coas intervencións de Paula Fernández Blanco, representante de BDS Galiza; Sami Ashour, da Asociación Galaico Árabe Jenin; e Ana Miranda, secretaria de Política internacional do BNG e participante na III Flotilla da Liberdade.

A xornada segue coa presentación dos libros “A República das Palavras”, de Séchu Sende, Através Editora; “Historia de Galiza”, de David Pérez, Edicións do Cumio; e “Nacionalismo galego aquén e alén mar. Desarticulación, resistencia e rearticulación (1936-1975)”, de Uxío Breogán Diéguez, Laiovento.

Para rematar, contra as 21:00 horas, presentarase o libro “Indecencias e corruptelas”, de Manuel Monge, Edicións Corsarias; e ás 21:30 horas o proxecto artístico-literario “Libros Para Mirar”, de Luz Darriba.

No espazo de venda de libros terán presenza a libraría Pedreira, AGAL, Sermos Galiza e a Editorial Galaxia, que exporán novidades editoriais de temática nacionalista.

Consulta a programación completa na seguinte ligazón.

Tamén che pode interesar...

A %d blogueros les gusta esto: