A organización do Festigal abre o prazo de inscrición para o voluntariado

  • Este evento enriquece a participación grazas ao valor social e as sinerxías que se crean ao traballar en equipo de xeito solidario e con ideas

A comisión organizadora do Festigal inicia a campaña de voluntariado para esta celebración que oferta dous días de concertos e diversas actividades culturais ao abeiro do Día da Patria en Santiago de Compostela.

O Festigal é un evento de referencia no calendario de concertos de verán e na axenda do nacionalismo e de todas as persoas que aman a música e que teñen interese pola cultura galega. Mediante o voluntariado, particípase nunha festa que promociona artistas que tocan en galego, con obradoiros infantís, deportes tradicionais, conferencias, presentacións de libros, artesanía e asociacións, entre outros.

A dinámica do voluntariado no Festigal enriquece a convivencia e a participación grazas ao valor social e as sinerxías que se crean ao traballar en equipo de xeito solidario e con ideas, coa satisfacción de axudar a construír unha Galiza con entidade de seu. Ademais, ponse a disposición do voluntariado a zona de acampada, identificacións e outras facilidades que ofrecen cando se inscriben.

Deste xeito, a comisión organizadora convida a visitar a web festi.gal/voluntariado para ver as áreas de colaboración e as quendas do Festigal 2018, para que o voluntariado indique as súas preferencias e sexa partícipe da organización deste grande evento cultural.

Nesta edición actuarán Ses, Rebeliom do Inframundo, DJ Bambooh, The Lelli Kelly’s, Os Viqueiras de Ordes, Sonia Lebedynski e Paco Nogueiras; ademais de Valtònyc que figura no cartel.

—-

Inscríbete no seguinte formulario e bótanos unha ma no Festigal de 2018.

Tamén che pode interesar...

A %d blogueros les gusta esto: