Abre o prazo de inscrición para o voluntariado do Festigal

É un evento de referencia con dous días de concertos e máis de 100 actividades culturais en Santiago de Compostela

A comisión organizadora do Festigal inicia a campaña de voluntariado para este evento que, ademais de dous días de concertos, oferta máis de 100 actividades culturais ao abeiro do Día da Patria en Santiago de Compostela.

O Festigal é un evento de referencia na axenda do nacionalismo e de todas as persoas que aman a música e que teñen interese pola cultura galega. Mediante o voluntariado, particípase nunha festa que promociona artistas que tocan en galego, con obradoiros infantís, deportes tradicionais, conferencias, presentacións de libros, artesanía e asociacións, entre outros.

A dinámica do voluntariado no Festigal enriquece a convivencia e a participación grazas ao valor social e as sinerxías que se crean ao traballar en equipo de xeito solidario e con ideas, coa satisfacción de axudar a construír unha Galiza con entidade de seu. Ademais, ponse a disposición do voluntariado a zona de acampada, identificacións e outras facilidades que ofrecen cando se inscriben.

Deste xeito, a comisión organizadora convida a visitar a web festi.gal/voluntariado para ver as áreas de colaboración e as quendas do Festigal 2017, para que o voluntariado indique as súas preferencias e sexa partícipe da organización deste grande evento cultural.

Nesta edición actuarán Guadi Galego, Nao, Raiba, Os Amigos dos Músicos e Son da Rúa na noite do 24 de xullo e Lavandeiras, Daboapipa, Nabiza Girl, Áureas en Voga e Tanxugueiras o 25 de xullo.

Faite voluntari@ do Festigal

    Nome e apelidos *

    Móbil *

    Correo electrónico *

    Localidade *

    Escolle o servizo para o que queres ser voluntaria ou voluntario

    SeguranzaBarrasServizo sanitario

    Escolle o día ou días

    24 de xullo (quendas de 22:00 a 4:00)25 de xullo (quendas de 13:00 a 24:00)

    Por se queres facer algún comentario ou suxestión

    Escribe as letras que aparecen debaixo.

    captcha

    * Campos obrigatorios

    Tamén che pode interesar...

    A %d blogueros les gusta esto: