Acampada

O Festigal pon a túa disposición unha zona de acampada para facilitarche a estancia na noite do 24 de xullo en Santiago de Compostela.

Entregaráselle a cada campista unha tarxeta personalizada, previo depósito de 3 euros.

Precísase de inscrición previa até o 22 de xullo cubrindo o seguinte formulario. As persoas que non o cubran poderán rexistrarse directamente no pavillón da USC o propio 24 desde as 22h, mais por motivos de espazo só terán asegurada a acampada quen se inscriba previamente.

Para participar na acampada deberás levar o teu saco de durmir, esterilla, toalla e produtos de aseo persoal. Galiza Nova entregará a cada campista unha tarxeta personalizada, previo depósito de 3 euros, con copia para o seu rexistro. O lugar de acampada será pavillón polideportivo da USC, situado no campus sur, e estará aberto dende as 22:00 horas do día 24 até as 10:00 horas do 25 de xullo.

No propio recinto do Festigal, o 24 e 25 de xullo, habilitarase un espazo cuberto no recinto de organización para que as persoas que participen na acampada deixedes as vosas mochilas no seguinte horario:

24 de xullo:

  • depósito: de 16,30 a 17,00hs.
  • retirada: de 21,00 a 23:30hs.

25 de xullo:

  • depósito: de 9,30 a 10,30 horas.
  • retirada: de 15,00 a 23,30

Facilitamos así a asistencia ás máis de 100 actividades programadas neste grande evento cultural que combina música, libros, charlas, concertos e obradoiros.

RESERVA A TÚA PRAZA NA ACAMPADA

Nome e apelidos (obrigatorio)

O teu email (obrigatorio)

Observacións:

Escribe as letras que aparecen debaixo
captcha

Mapa de situación:

Ver Festigal nun mapa máis grande