Bases do concurso “Novos Valores” do Festigal 2015

cartaz-novos-valores-2015O Festigal lanza o concurso “Novos Valores” para a promoción e a divulgación de novas creadoras e novos creadores da Galiza no campo musical, como unha plataforma de coñecemento e difusión de artistas emerxentes, en momentos en que as institucións públicas tratan con absoluto desleixo a creación musical no noso País, recortando proxectos e orzamentos públicos para a promoción de novos valores e recortando en locais de ensaio, mentres financian con miles de euros grandes e enriquecidos artistas de fóra da Galiza.

  1. O concurso de “Novos Valores” enmárcase na promoción e divulgación do FestiGal 2015.
  2. Este concurso permite ás bandas e persoas que participen a presentación dos seus traballos e, consecuentemente, a divulgación e promoción de novos valores da música galega e en galego máis actual.
  3. Poden participar persoas e grupos amadores ou profesionais. Acéptanse todos os estilos e correntes musicais en temas orixinais que empreguen a lingua galega nas súas letras. A media de idade das persoas que conformen o grupo non será superior aos 33 anos.
  4. Para participar no concurso de “Novos Valores” deberán achegarse á organización a través do enderezo electrónico info@festi.gal.
    a) É obrigatorio cubrir e enviar, no prazo sinalado nestas bases, a ficha de inscrición, na que debe constar os seguintes datos: nome do grupo ou da/o artista, datos da/o artista ou das persoas que integraren o grupo (nomes e apelido, idade, localidade), estilo musical, enderezo electrónico e teléfono de contacto.
    b) Maqueta de, cando menos, 3 temas orixinais con letra en lingua galega (enviaranse en formato mp3). Achegaranse as letras dos temas.
    c) Ligazón a un vídeo (consistente nunha gravación do ensaio da peza con que se desexa participar no concurso), unha fotografía e unha recensión da historia do grupo/artista. ligazóns, de existiren, a redes sociais, web,…
  5. A ligazón ao vídeo que se envíe, será a peza con que as bandas/artistas participen no concurso, e por tanto, será o único obxecto de votación por parte do público.
  6. A presentación de todas as persoas ou grupos participantes farase pública o día 10 de abril de 2015 a través da web do FestiGal e da nosa páxina de Facebook. A forma de votación é dando a “compartir” á publicación co vídeo polo que desexaren votar a través da páxina de facebook do FestiGal. Só se computarán as veces que foi compartido cada unha das publicacións cos vídeos na páxina do FestiGal en Facebook.
  7. Prazo de presentación de traballos: do 6 de marzo ao 15 de abril de 2015.
  8. Prazo de votación por parte do público: do 18 ao 30 de abril de 2015. A votación rematará o día 30 de abril ás 13.00h.

RESOLUCIÓN DA BANDA/ARTISTA GAÑADOR(A)
Os 5 vídeos máis partillados a través da páxina de Facebook do FestiGal pasarán á final.. Nesta final, a banda/artista gañador(a) decidirase a través dun xuri conformado pola comisión organizadora do FestiGal.

A banda/artista gañador (a) actuará no palco de concertos da vindeira edición do Festigal, na noite do 24 de xullo de 2015, entrará na promoción en medios do festival igual co resto da bandas e recibirá unha dotación económica de 300 euros.

——-

  • FestiGal presupón que as persoas titulares dos temas da maqueta e do vídeo presentados posúen todos os dereitos sobre estes, e declina calquera responsabilidade respecto á infracción desta norma.
  • FestiGal poderá proxectar e difundir os vídeos a concurso a través da web e redes sociais e en centros e salas de carácter non comercial, e resérvase o dereito de os publicalos e reproducir, facendo mención ás persoas autoras destes.
  • Todas as persoas participantes, polo feito de o seren, aceptan integramente estas Bases, así como a resolución de calquera problema non recollido nelas, que a Comisión FestiGal estimar oportuno.
  • O Xuri non aceptará a concurso materiais que incumpriren estas bases ou que foren ofensivos e/ou representaren valores contrarios aos promovidos polo FestiGal. Así mesmo, o xuri resérvase o dereito de declarar o premio deserto se os traballos presentados non tiveren calidade suficiente.

 

A %d blogueros les gusta esto: