Galería das letras e das ideas 25 de xullo, a partir das 16h.

  • 16:00 h. Doris Benegas, unha loitadora do pobo, coord.: Pablo Arroyo Ed. Último Cero. Participan: Fernando Valiño (Coautor do libro e representante do Diario dixital Último Cero), Luis Ocampo (Compañeiro de Doris e voceiro de Izquierda Castellana), María Xosé Queizán Vilas (Escritora galega e colaboradora do libro) e Guillerme Vázquez.
  • 16:20 h. Na casa da avoa, Marta Dacosta. Ed. Galaxia. Participan: María Xosé Cacabelos, Presidenta da Asociación de Mariscadoras de Guimatur e Marta Dacosta, autora.
  • 16:40 h. Taibo e Callón. Conversa cos autores arredor dos seus últimos libros. “Os tres de nunca” de Nacho Taibo, e “Galegofalantes e galegocalantes” de Carlos Callón. Ed. Xerais. Participan: Nacho Taibo e Carlos Callón
  • 17:00 h. Os nomes do terror. Galiza, 1936. Os verdugos que nunca existiron, coord.: Dioniso Pereira, Eliseo Fernández, Xoán Carlos Garrido e Xosé Ramón Ermida Ed. Sermos Galiza. Participan: Dioniso Pereira, Eliseo Fernández, Xoán Carlos Garrido, Xosé Ramón Ermida e Xoán Costa, Presidente de Sermos Galiza.
  • 17:20 h. Repente galego, Ramón Pinheiro Almuinha. Ed.: Deputación de Pontevedra e Asociación ORAL. Participan: Xosé Leal, Deputado de Cultura e Lingua na Deputación de Pontevedra, Eva Vilaverde, Deputada na Deputación de Pontevedra; Carlos Alonso, Presidente da Asociación ORAL, e Ramón Pinheiro, autor do libro. Coa actuación das regueifeiras Alba María e Lupe Blanco.
  • 18:30 A 19:30 h. PALESTRA O escenario pre e post referendo de Catalunya para as nacións sen estado. Presenta: Ana Miranda, Portavoz do BNG en Bruxelas e membro da Executiva Nacional do BNG.Interveñen: EH Bildu, Marian Beitialarrangoitia Lizarralde, portavoz de EH Bildu no Congreso dos Deputados, ERC, Xavier Castellana, senador de ERC, BNG, Rubén Cela, membro da Executiva Nacional do BNG.
  • 19:40 h. Os soños na gaiola en concerto. Proxecto colectivo promovido polo Concello de Rianxo, Escola de Música de Rianxo, o CEIP Ana Mª Diéguez de Asados e a Fundación Manuel María. Ed. Casa-Museo Manuel María. Participan: Saleta Goy, Presidenta da Fundación Manuel María, Irene Amado, coordenadora do proxecto, Adolfo Muiños, alcalde de Rianxo, e Alberte Ansede, Secretario da Fundación Manuel María.
  • 20:00 h. Himno Galego: unha historia parlamentar (inconclusa), María do Pilar García Negro. Coeditado pola Fundación Galiza Sempre e Federación Galiza Cultura. Participan: Maria do Pilar García Negro, autora do libro, e Francisco Jorquera Caselas, Presidente da Fundación Galiza Sempre.
  • 20:20 h. Ramón del Valle-Inclán entre Galiza e Madrid 1912-1925, Javier del Valle-Inclán Alsina. Participan: Javier del Valle-Inclán Alsina e José Ángel Maquieira, profesor-tutor da UNED.
  • 20:40 h. Atlas das nações sem Estado na Europa. Ed.: Através Editora. Participan: Valentim Fagim, editor, e Abraham Bande, adaptador e tradutor do orixinal.

Espazo de venda:

LIBRARÍAS

  • PEDREIRA

EDITORAS

  • AGAL/Através
  • SERMOS GALIZA
  • GALAXIA
  • A CENTRAL FOLQUE (NOENTE PARADISE)
  • CATRO VENTOS EDITORA, S. Coop. Galega
  • PATAS DE PEIXE