Prosegue o concurso “Novos Valores Festigal 2015” cunha amplia representación de estilos musicais

Pretende dar a coñecer artistas emerxentes que tocan en galego

O concurso “Novos Valores Festigal” segue en marcha despois de difundir nas últimas semanas música galega e en galego nas redes sociais dos artistas participantes a través da conta https://www.facebook.com/ofestigal

Grupos e artistas como SeisPorOito, Panghea, Coso Carnobrigo, Miguel Alonso, Maianas, AutOOdio, Noé Subiela, Balbordo Público, Monoulious DOP, Marta Sancho e Jorge Abreu Seoane son os participantes neste certame destinado a xente moza que pretende servir de plafaforma de difusión de música en galego.

Así, está presente unha ampla representación de estilos que pasan polo folk, pop, música de autor, death metal melódico, rap, pop-rock, festa, comedia e música de cámara, entre outros, que dan conta da creatividade e diversidade da oferta existente no noso país. Este certame abriuse á participación de grupos amadores e profesionais, de todos os estilos, que empreguen a lingua galega nas súas letras.

Os videos máis compartidos, que foron Seisporoito, Maianas, Panghea, Coso Carnóbrigo e Miguel Alonso, pasarán á final cun xurado integrado pola Comisión do Festigal e polo músico Xurxo Souto, que determinarán a banda/artista gañadora que actuará no palco de concertos da vindeira edición do Festigal, na noite do 24 de xullo de 2015, entrará na promoción en medios igual que o resto da bandas e recibirá unha dotación económica de 300 euros.

Tamén che pode interesar...

A %d blogueros les gusta esto: