Tasmina Ahmed, do Scottish National Party, participa na Galería das Ideas do Festigal 2014

Os debates ofrecerán argumentos a favor dos procesos soberanistas

SNP-2

O Festigal 2014, ademais de música e de tendencias, ten unha Galería das Ideas que se desenvolverá mediante debates cun compoñente a favor da soberanía e do dereito dos pobos a decidir o seu futuro.

“Voces para outra Europa, os procesos de autodeterminación” será o título do debate previsto para o 25 de xullo ás 18:00 horas no campus sur de Santiago de Compostela. Ademais do presidente da Fundación Galiza Sempre, Guillerme Vázquez, encargado de moderalo, intervirán Josep Huguet Biosca, presidente da Fundació Josep Irla, e Tasmina Ahmed Sheik, da National Women’s Officer, Scotish National Party.

O Festigal tamén fai especial fincapé na necesidade de dotar Galiza de “Medios propios, país propio”, que será o título doutro foro moderado pola vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre, Ana Luísa Bouza, xunto coas intervencións de Xosé Mexuto, director de Sermos Galiza, de Iñaki Soto, director de Gara, e de Guillem Ramos-Salvat, de Nació Digital.

Ambas as palestras desta edición do Festigal contribuirán a ofrecer argumentos e puntos de vista a favor dos procesos soberanistas encamiñados á liberación dos pobos mediante a creación de estados propios que preserven cadansúa identidade, cultura e intereses económicos.

Programación da Galería das Ideas.

Tamén che pode interesar...

A %d blogueros les gusta esto: