Unha nutrida Galería das Letras no Festigal 2014 dará conta das novidades editoriais de Galiza

Nesta edición haberá un espazo destinado á sinatura de libros onde se poderá conversar coas autoras e cos autores das publicacións

galeria letrasO Festigal 2014 brindará a oportunidade de asistir ás presentacións de libros, ás conversas e sinaturas coas autoras e autores, recitais poéticos e espazos de venda de libros ás persoas que se acheguen o Día da Patria até o campus sur de Santiago de Compostela.

Entre as presentacións previstas, destaca “Espello de mim mesma” (Círculo Ediçoes), Cruz Martínez, xunto coa presentación da revista literaria Elipse. Interveñen Alexandre Insua, Cruz Martínez e Rosa Negra.

Presentarase tamén na carpa do Festigal “50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía” (Fundación Bautista Álvarez), con Pilar García Negro, Néstor Rego e Bautista Álvarez. Outra das publicacións será “A Unión Europea como problema. Reflexións desde Galiza”, con Xavier Campos López, director da Fundación Galiza Sempre; Carlos Aymerich e Carme García Negro.

Ás 20:00 horas será a quenda de “Uma mãe tão punk” (Chiado Editora), de Teresa Moure, coas intervencións de Carlos Quiroga e da propia autora. Xurxo Souto traerá “Contos do mar de Irlanda” (Xerais), presentado por Manuel Bragado; e pechará Xavier Queipo con “55” (Xerais).

Presentaranse os libros de autopublicación “Alén do silencio” e “Un libro de libros”, de Xosé Estévez, xunto con Eva Xanín, que contará cun recital de “Autores e autoras para o 25 da patria” que constitúe unha boa mostra do panorama poético actual de Galiza.

Haberá un espazo destinado á sinatura de publicacións que abrirá contra as 18:00 horas. Lectores e lectoras poderán conversar e obter as rúbricas de Afonso Eiré, “Eu estaba alí” (Hércules Edicións); de María Reimóndez, “A alternativa está aquí” (Xerais); Henrique del Bosque, “E logo, temos razóns para ser nacionalistas?” (Xerais); Rodri Suárez, “Non temos medo” (Nicetrip Edicións); Xavier Vence e Xan Carballa, “Temos dereito a un futuro distinto” (Engaiolarte); Bautista Álvarez, “Retallos daquela infancia” (Xerais) e Eduardo S. Maragoto, “Como ser reintegracionista sen que a familia saiba” (Ed. Cumio).

As librarías Pedreira e Ciranda terán espazo de seu, xunto coas editoras Galaxia, Agal e Sermos Galiza, que presentarán as novidades literarias de Galiza.

Programación da Galería das Letras.

Tamén che pode interesar...

A %d blogueros les gusta esto: