Faite voluntari@ do Festigal!

Bótanos unha man!

Xela, Lois, Uxía, Susana, Brais e Alexandre xunto con ducias de persoas e mais ti, se queres ser parte do voluntariado do Festigal, podedes facer realidade este grande evento con máis de 100 actividades que se celebra o 24 e 25 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela. Anímaste?

Porque o voluntariado do Festigal non só é un labor imprescindíbel para que exista esta nosa grande festa no marco do Día da Patria Galega, tamén é un motivo de orgullo para cantas persoas soñamos cunha Galiza liberada. En cada concello do país hai mozas e mozos dispostos a implicarse co Festigal. E non tan mozos, que tamén sabemos do valor da experiencia! Desta altura, talvez ti sexas unha desas persoas que desexa dar o paso e colaborar por vez primeira. Comunícanolo canto antes para organizarmos man a man o mellor Festigal! Ímolo conseguir!

Inscríbete como voluntaria ou voluntario utilizando o seguinte formulario. Bótanos unha man!

Nome e apelidos *

Móbil *

Correo electrónico *

Localidade *

Escolle o servizo para o que queres ser voluntaria ou voluntario
SeguranzaBarrasServizo sanitario

Escolle o día ou días
24 de xullo (quendas de 22:00 a 4:30)25 de xullo (quendas de 15:00 a 0:30)

Por se queres facer algún comentario ou suxestión

Escribe as letras que aparecen debaixo.
captcha

* Campos obrigatorios

Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (BOE 14/12/1999), e normativa de desenvolvemento.