Aberto o prazo de inscrición para a acampada do Festigal
- Entregaráselle a cada campista unha tarxeta personalizada, previo depósito de 4 euros, para facilitarlle a estancia en Compostela na véspera do Día da Patria
O Festigal 2018 disporá dunha zona de acampada para facilitarlles ás mozas e aos mozos a estancia na noite do 24 de xullo en Santiago de Compostela, despois de asistiren aos concertos de Ses, Rebeliom do Inframundo, DJ Bambooh e The Lelli Kelly’s.
Para participar na acampada deberán levar cadanseu saco de durmir, colchoneta, toalla e produtos de aseo persoal. Galiza Nova entregaralle a cada campista unha tarxeta personalizada, previo depósito de 4 euros, con copia para o seu rexistro. O lugar de acampada será pavillón polideportivo da USC, situado no campus sur, e estará aberto dende as 22:00 horas do día 24 até as 10:00 horas do 25 de xullo.
As persoas interesadas poden inscribirse no espazo de acampada co envío dos seus datos no seguinte formulario.
No propio recinto do Festigal, o 24 e 25 de xullo, habilitarase un espazo cuberto no espazo de organización para que as persoas que participen na acampada deixen as súas mochilas para facilitar a asistencia ás máis de 100 actividades programadas neste grande evento cultural que combina música, libros, charlas, concertos, deportes e obradoiros.