Amplíase o prazo para participar no concurso “Novos Valores Festigal 2015”
Pretende dar a coñecer artistas emerxentes que tocan en galego
O concurso “Novos Valores Festigal” amplía o prazo de presentación das maquetas até o 15 de abril, co fin de abrirlles as portas á creatividade dos grupos e artistas emerxentes galegos que canten en galego e ante a demanda existente. As bases poden consultarse na web do Festigal.
Este concurso pretende servir de plafaforma de difusión de artistas noveis en momentos en que a maioría das institucións tratan con desleixo a creación musical do noso país e recortan orzamentos públicos destinados á cultura galega, ao tempo que promoven artistas de fóra que demandan grandes cachés.
O premio para o grupo gañador será abrir o 24 de xullo pola noite o Festigal 2015. O certame está aberto á participación de grupos amadores e profesionais, de todos os estilos, que empreguen a lingua galega nas súas letras.
O prazo de presentación de traballos remata o 15 de abril e deberán entregar unha maqueta e un vídeo dunha gravación dun ensaio, que será obxecto de votación por parte do público co método de compartilo na páxina do Facebook do Festigal. Os grupos máis compartidos pasarán a un xurado integrado pola Comisión do Festigal e polo músico Xurxo Souto.
1 comentario
[…] os “Coso Carnóbrigo”, carnotáns de “pura rasa” que veñen de presentar un temazo para o 1º concurso de Novos valores do Festigal. I é que o seu metal hard-core non deixa a ninguén […]