Banda Bassotti: “O noso soño é que a clase obreira tome o poder e podermos construír un mundo socialista, sen explotación”

Banda Bassotti naceu como un pequeno colectivo político en 1981 e empezou como grupo musical en 1989. Sempre na defensa do dereito pola autodeterminación dos pobos, actualmente conta con 11 cd’s editados. Con certeza é a banda independente máis coñecida de Italia e consolidada como a que realizou máis actuacións en Europa, cunha gran presenza en Xapón, Ecuador, Cuba, O Salvador, México ou Venezuela. Tocará no Festigal 2019, na véspera do Día da Patria no campus sur de Compostela, para transmitir “as gañas de loitar” porque se autodefinen como “un grupo de obreiros, antifascistas e antiimperialistas”, como explican nesta entrevista.

Que presentaredes no Festigal?
Un repertorio con clásicos e algunhas sorpresas.

Que significa para vós tocar neste evento?
Galiza sempre foi incríbel para nós, desde aquela primeira vez na Sala Nasa o 7 de xullo 1995 que aínda lembramos. Estamos moi felices de volver a Galiza.

Que queredes transmitirlle ao público cando estades no escenario?
As gañas de loitar. Somos un grupo de obreiros. Somos antifascistas, antiimperialistas. A música é unha arma e a solidariedade é outra arma. Queremos intentar cambiar este sistema. Toda Europa está tomando a dirección de dereita pero non todos os pobos están de acordo.

Como valorades o actual panorama musical galego?
Nao, Ezetaerre son números un. Boísimos os dous.

Un soño para a vosa banda?
Que a clase obreira tome un día o poder e podermos construír un mundo socialista. Sen explotación. Crear as condicións para que outras bandas se unan na loita. Hai moitos soños…

Tamén che pode interesar...

A %d blogueros les gusta esto: