Bases do sorteo “Festigal sortea unha subscrición a Spotify Premium durante un ano”

ÁMBITO

O FESTIGAL realizará un sorteo, de ámbito galego, dirixido ás e aos usuarios de Instagram maiores de 16 anos, na conta de @ofestigal

Serán consideradas como concursantes exclusivamente aquelas persoas que reunindo os citados requisitos participen no sorteo organizado, respetando a súa dinámica que se detallará a continuación.

Seguir a conta de Instagram de @ofestigal. Ademáis, deberán darlle a “gústame” na foto anteriormente indicada para a realización do sorteo, e consideraranse participantes se comentan a foto obxecto do concurso etiquetando a 1 amigo/a.

O obxectivo do sorteo é gañar o dereito ao uso dunha conta suscrita a Spotify Premium durante un ano. A participación ao sorteo é gratuita.
DURACIÓN

A promoción comezará o día 1 de xullo de 2019 finalizando o 18 de xullo de 2019 ás 23:59 horas.

MECÁNICA DA PROMOCIÓN

A participación é soamente posible a través da aplicación de Instagram. FESTIGAL sorteará unha única conta de subscrición a Spotify Premium.

O usuario considerarase concursante a partir do momento que, reunindo os requisitos para participar, cumpra todas as condicións anteriormente descritas: seguir a conta de Instagram de @ofestigal, darlle a “gústame” na foto anteriormente indicada, e se consideraranse participantes se comentan a foto obxecto do concurso etiquetando a 1 amigo/a.

Os comentarios recibidos fóra do período promocional non se considerarán aptos para participar no sorteo.

O sorteo levarase a cabo o 24 de xuño de 2019 e o resultado comunicarase nun prazo máximo de 2 días laborabeis na conta de Instagram de @ofestigal.

PREMIO
• O dereito ao uso dunha conta suscrita a Spotify Premium durante un ano.

A selección dos gañadores realizarase ao azar.

Para facer efectiva a aceptación do agasallo será imprescindíbel que o premiado envíe un correo electrónico á dirección info@festi.gal indicando o seu nome, apelidos, dirección e teléfono confirmando a aceptación.
No caso de que o/a premiado/a non aceptase e/ou renunciase ao mesmo, FESTIGAL elexirá outro gañador/a aleatoriamente.

A entrega do premio realizarase transcurrido un período orientativo de 15 días a contar desde a data en que se reciba a aceptación por escrito do gañador/a.
FRAUDE

No caso de que FESTIGAL detecte calquera anomalía ou teña sospeitas de que algún participante está imposibilitando o normal desenvolvemento do Concurso, perxudicando os fins do mesmo, ou levando a cabo calquera acto fraudulento que atente contra o desenvolvemento, FESTIGAL resérvase o dereito de dar de baixa ao participante ou participantes implicados, todo isto sen prexuízo do calquera outra medida legal que estime oportuno emprender.

POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, e concretamente no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, así como o prevista na normativa española de Protección de Datos de carácter persoal, cada Participante, coa aceptación destas Bases Legais consinte que os datos persoais facilitados para a participación neste concurso sexan incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación Galiza Sempre para tramitar a participación no concurso e para comunicarlle o premio en caso de que resultase Gañador, proporciónase a seguinte información en relación cos seus datos de carácter persoal:

a) Responsábel do tratamento dos datos: Fundación Galiza Sempre.
b) Finalidade e lexitimación: Tramitar a súa participación no sorteo, e de ser o caso, proceder á entrega do premio. O participante garante que os datos que de carácter persoal que facilite son verídicos, no caso de que fosen falsos e resultase gañador do premio no presente sorteo, non se lle fará entrega do mesmo.
c) Datos tratados: sos datos obxecto de tratamento serán os facilitados a través do formulario de subscrición, ou outros que se lle soliciten para o desenvolvemento das finalidades do sorteo.
d) Destinatarios: Os seus datos non se cederán a terceiros, salvo obriga legal.
e) Prazo de conservación: Unha vez finalizado o sorteo os seus datos non serán tratados.
f) Dereitos: Os dereitos de Acceso, rectificación, oposición, supresión, revogación do consentimento previamente prestado, limitación ao tratamento serán exercidos a través do correo electrónico info@festigal.gal.

PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL
Os nomes, logotipos, marcas iconos e cualquera elemento que se identifica con FESTIGAL son propiedad de FESTIGAL

OUTROS ASPECTOS

En caso de forza maior, FESTIGAL resérvase o dereito a substituír os premios ofertados por outros de similares características de igual valor. FESTIGAL en ningún caso cambiará o agasalloo polo seu valor en metálico.

Non se aceptarán reclamacións sobre a promoción transcurridos 3 meses desde a finalización da misma. FESTIGAL non se responsabilizará das posibles demoras e pérdidas na recepción dos premios ocorridas pola xestión do Servizo Postal de Correos ou calquera outra axencia de mensaxería utilizada.

FESTIGAL resérvase o dereito a evitar que sobre esta promoción se establezan sistemas de especulación ou de negocios. Para isto, poderá exercitar as accións legais que estimen oportunas.

FESTIGAL resérvase o dereito, se concorre xusta causa e previa comunicación, de efectuar calquera cambio, suspender, ampliar ou prorrogar esta promoción.

FESTIGAL resérvase o dereito de eliminar a calqueira participante que defraude, altere ou inutilice o bo funcionamiento e o transcurso normal e regulamento da presente promoción, así como se detectara algunha irregularidade na mesma.

Asi mesmo, FESTIGAL resérvase o dereito de eliminar todos os usuarios con contas de correos que resulte demostrabel se fosen creadas por procesos automáticos.

ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación na presente promoción supón a aceptación íntegra de todas as cláusulas contidas neste documento de bases.

LEXISLACIÓN APLICÁBEL
As presentes bases están sometidas á normativa legal do estado español.

A %d blogueros les gusta esto: