Berto: “O meu soño é facer un musical cos principais artistas do país”
Berto é a metade de Verto. Así de sinxelo. O dúo que revolucionou o panorama musical galego. Unha mestura orgánica entre o pop, a música electrónica, o trap e o techno. O eclecticismo dentro da música urbana é marca da casa para Berto, xunto coa voz de Marinha. O novo proxecto que vai presentar no Festigal vai acompañado dunha xenuína banda formada por bases electrónicas, piano sintetizador, guitarra e batería analóxica. Que siga a festa!
Que significa para ti participar no Festigal?
A oportunidade de tocar en directo na miña cidade e poder expresarme artisticamente diante da xente á que lle guste a miña música.
Berto con B despois de Verto con V, que te inspira para non parar de crear?
Gústame moito a arte en xeral e a música permíteme expresar emocións e canalizalas.
Tes unha das comunidades de fans máis activas da internet galaica, cal é a chave?
Ser majo e tentar interactuar de forma activa co teu público.
Un soño para o futuro da música en galego?
Facer un musical cos principais artistas do país.