Brassica Rapa: primeira banda confirmada do Festigal 2025
Actuarán o 25 de xullo de 2025 no Campus Vida de Santiago de Compostela.
Brassica Rapa volven ao Festigal, desta volta con Ghrelo Power.
Un “espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión”. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Recollen sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais.