Camisolas Festigal 2025
O Festigal lanza unha nova versión da súa camisola oficial coa imaxe gráfica desta edición 2025, obra do deseñador Bruno Lopes Teixeiro. Para que a grande festa do nacionalismo galego te acompañe alén do 24 e 25 xullo, faite coa túa reserva.
Existen dous modelos (unisex e crianzas) cun prezo unitario de 15 euros, que terán que ser abonados durante o propio Festigal, nun posto específico habilitado na zona de concertos, antes do 25 de xullo ás 18:00h. Estes son os talles dispoñíbeis:
MODELO UNISEX
S — M — L — XL — 2XL — 3XL
MODELO CRIANZAS (Cor vermella)
3/4 anos — 5/6 anos — 7/8 anos — 9/10 anos



