Centos de crianzas gozarán con Títeres Viravolta e Brinca Vai no espazo infantil do Festigal 2015

Ademais de obradoiros de música, baile e xogos tradicionais, contará cos espectáculos “Alegría” e “Abecedario” de Magín Blanco

Espazo infantil. 25 de xullo

Espazo infantil. 25 de xullo

O Festigal 2015 terá un espazo infantil, patrocinado por Galletas Mariñeiras Daveiga, con obradoiros, actuacións, música e diversión que servirán de escaparate de actividades culturais e creativas destinadas ás crianzas feitas en Galiza.

Así, poderán gozar do “Brinca Vai!”, de Paco Nogueiras; do espectáculo “Alegría”, de Sergio Tanus; de “O horroroso crime de Xan Miñoca”, de Títeres Viravolta. Ademais, a Mesa pola Normalización Lingüística presenta “Abecedario”, con Magín Blanco.

A isto únense os obradoiros de instrumentos vexetais e de bailes e xogos tradicionais galegos, coa colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos, dinamizados por Emilio Lois e Rebeca Tallón, respectivamente.

O espazo infantil do Festigal atrae, cada edición, centos de nenos e nenas que na tarde do Día da Patria Galega se achegan ao campus sur de Santiago de Compostela para gozar das máis de 100 actividades programadas para xente de todas as idades nesta gran festa do nacionalismo.

Podes ollar a programación completa na seguinte ligazón.

Tamén che pode interesar...