Concerto Dakidarría o 24 de xullo no Festigal 2025
DAKIDARRÍA cos seus ritmos cheos de enerxía e as súas revolucionarias letras actuarán este 24 de xullo no Festigal 2025.
A histórica banda galega, que vén de cumprir 20 anos de traxectoria, é garantía de festa cos seus potentes directos.
Ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos, nunha combinación cargada de adrenalina que recollen no seu novo traballo XX.