Concerto Novos Valores 2025
O concerto final do IX concurso Novos Valores terá lugar o 10 de maio ás 21:30 horas na Sala Sónar (rúa de Mazarelos 4-5, Santiago de Compostela).
Os grupos finalistas que actuarán no concerto serán Pappaquino, ULEX e Kid Mount. O público asistente decidirá por votación popular a banda ou artista gañador e que actuará neste Festigal 2025.
As entradas poden reservarse a través do seguinte formulario e teñen un prezo de 5 euros por entrada, cun máximo de 4 reservas por persoa.
Estarán dispoñíbeis para a súa recollida o propio día do concerto, na porta da sala, entre as 20:30 e as 21:45 horas. En caso de chegar máis tarde da hora indicada, perderás a reserva e outra persoa poderá comprar a entrada.