Concerto Novos Valores 2026

O concerto final do X concurso Novos Valores terá lugar o 24 de abril ás 21:00 horas na Sala Sónar (rúa de Mazarelos 4-5, Santiago de Compostela).

Os grupos finalistas que actuarán no concerto serán Alta Mar, CAROLA e Fuego Lolita. O público asistente decidirá por votación popular a banda ou artista gañador e que actuará neste Festigal 2026.

As entradas poden reservarse a través do seguinte formulario e teñen un prezo de 5 euros por entrada, cun máximo de 4 reservas por persoa.

Estarán dispoñíbeis para a súa recollida o propio día do concerto, na porta da sala, entre as 19:30 e as 20:45 horas. En caso de chegar máis tarde da hora indicada, perderás a reserva e outra persoa poderá comprar a entrada.

 

RESERVA DE ENTRADAS

Tamén che pode interesar...