Espazo de xantar 2026
O Festigal contará de novo en 2026 cun espazo gastronómico ao estilo
romaría que estará aberto ao público a noite do 24 e o 25 todo o día. Na zona de xantar non faltará unha oferta variada para calquera tipo de
preferencia con produtos de proximidade.
A Carballeira de San Lourenzo converterase un ano máis nun espazo de convivio, de reencontros e deafectos para gozar do Día da Patria Galega ao redor dunha mesa. E onde non faltarán a animación e a música tradicional para acompañar a sobremesa.
Estas son as alternativas que poderás atopar:
Caterig Ferrolterra
Servizo de menú completo con churrasco e polbo, así como unha opción vegana a escoller. Catering Ferrolterra leva anos traballando con festivais mais tamén con actividades privadas.
Polbeira Emilia Valeira
Trátase dunha polbeira tradicional da parroquia de Arcos, no Carballiño. Unha empresa familiar que xa vai pola súa 5ª xeración percorrendo as feiras e festas do país.
Fartura food truck
Un restaurante itinerante que achega novas opcións culinarias a lugares onde, de xeito puntual, se reúnen grandes concentracións de persoas. Destacan o pan, a carne, o queixo ou as tortillas. Traballan con provedores galegos e locais con primeiras calidades.
MiscoMidas food truck
Une o concepto de viaxeiro da food truck coa cociña creativa de calidade. Cociña internacional fusiónase co producto galego para ofrecer unha variedade adaptada a persoas celíacas, veganas ou vexetarianas.
Pizzas do País
Unha pizzería ambulante que nace a finais de 2021 coa iniciativa de empregar produtos locais para facer unha pizza de calidade. Os ingredientes son escollidos con agarimo: fariña galega moída en pedra tradicional, hortalizas e herbas aromáticas da casa… Co seu forno de leña percorren feiras, festas e mercados de toda Galiza.
Xeados Xeou
Dende 2019 SAT Seixas elabora os xeados co leite da propia cooperativa. Para elaborar os seus xeados usan leite fresco e pasteurizado con produtos naturais e de primeira calidade.



