Feira do Produto Galego
O Festigal estrea nesta edición 2025 a Feira do Produto Galego, unha iniciativa para promover e poñer en valor os produtos do país elaborados de maneira artesanal. Unha oportunidade excepcional para falar, coñecer e intercambiar experiencias e coñecementos sobre o sector agroalimentar.
Estarán presentes este 25 de xullo no Campus Vida, de 15:00h a 21:30h, as seguintes marcas:
- Caurelor
- Galletas Xianas
- O Mel da Inés
- Perusiñas e Peruxiñas
- Torta de Sarria
- Viños Raquel Biscaia



