Grande Amore, primeira confirmación dos concertos do Festigal 2026

© Esther Estévez

Actuará a noite do 24 de xullo dentro da programación musical do grande evento da cultura galega no Campus Vida da USC

O grupo máis ruidoso do panorama musical galego actuará no Festigal 2026. A comisión organizada vén de anunciar Grande Amore como primeira confirmación dos concertos desta edición. Actuará a noite do 24 de xullo dentro da programación do grande evento da cultura galega polo Día da Patria.

Co seu estilo irreverente, o músico Nuno Pico volverá ao escenario do Festigal, xunto con Clara Redondo á guitarra e María Grep ao teclado, cun potente directo cargado de rock e moita distorsión, misturado con referencias do punk, do techno ou do electropop.

Máis confirmacións nas vindeiras semanas

Dende a comisión organizadora do Festigal avanzan que, durante as vindeiras semanas, anunciarán o resto de bandas que completan a programación de concertos da edición 2026, que contará un ano máis cunha ampla representación de estilos co mellor da música en galego.

Tamén che pode interesar...