Pataghulhøs actuará o 25 de xullo no Festigal 2025

Pataghulhøs actuará este 25 de xullo no Festigal 2025. Esta banda do Morrazo leva por bandeira o ánimo trouleiro en conexión coa música tradicional. Sumando novas sonoridades ao repertorio do país, con pezas seleccionadas e arranxadas con moita sensibilidade artística e compromiso co valor patrimonial da nosa cultura, son garantía de moito baile e festa.

Tamén che pode interesar...