Punto Lila

Queremos que o Festigal sexa un espazo seguro, libre de violencias machistas e LGBTfóbicas. Un espazo onde todas poidamos sentirnos libres e seguras e no que a única preocupación sexa poder desfrutar da festa. Por iso, seguimos a premisa de ‘As festas e as noites tamén son nosas’.

Contamos cun protocolo de actuación en caso de agresións e cun espazo de atención e información coordinado por un servizo de voluntariado formado por compañeiras de Galiza Nova que se identifica cun peto lilá. Calquera persoa que acuda ao Festigal pode recoñecer sen problema ás persoas voluntarias e, en caso de ser necesario, acudir a elas ou ao punto lila no propio espazo do festival.

QUE FACER PARA DENUNCIAR UNHA AGRESIÓN NO FESTIGAL?

a) Contacta coa liña segura do Festigal no 675419373.
Atenderanche as compañeiras do Punto Lila e indicaranche o que debes facer.

b) Busca a unha compañeira con peto morado. Coñecen o protocolo, acompañarante en todo momento e indicaranche como actuar.

c) Achégate ao Punto Lila situado no recinto do Festigal.

Teléfonos de interese

112 Teléfono de emerxencias
016 Teléfono violencia machista
675419373 Liña segura Festigal

Tamén che pode interesar...