Reserva a túa praza na acampada do Festigal

Para facilitar a participación neste evento organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre arredor do Día da Patria

Reserva a túa praza utilizando o seguinte formulario

tendadecampanhaO Festigal 2016 fomentará a participación da mocidade nas máis de 100 actividades programadas nesta XV edición cunha zona de acampada para facilitar a estancia na noite do 24 de xullo en Santiago de Compostela. As persoas interesadas deben inscribirse na web Festi.Gal e recibirán unha tarxeta personalizada de campista previo depósito de 3 euros.

Para participar na acampada, é necesario levar o saco de durmir, esterilla, toalla e produtos de aseo persoal. O lugar de acampada será pavillón polideportivo da USC, situado no campus sur, e estará aberto dende as 22:00 horas do día 24 até as 10:00 horas do 25 de xullo.

No propio recinto do Festigal, o 24 e 25 de xullo, habilitarase un espazo cuberto no recinto de organización para que as persoas que participen na acampada deixen as súas pertenzas.

O Festigal é un evento arredor do Día da Patria, organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre, que combina música, libros, charlas, concertos e obradoiros para todas as idades. Nesta edición subirán ao escenario Kepa Junkera & Sorginak, Poetarras, Arrhythmia, Biribirlocke, Falua, Fran Amil e a Tribo Incomprensíbel, AldaoLado e Fanfarria Taquikardia. Ademais, nesta XV edición, abrirá Esposa, a banda gañadora do concurso Novos Valores, haberá un espectáculo de maxia con Martín Camiña e a charanga Os Campantes da Baña amenizará a festa.

Tamén che pode interesar...