Faite voluntari@ do Festigal!

Xela, Lois, Uxía, Susana, Brais e Alexandre xunto con ducias de persoas e mais ti, se queres ser parte do voluntariado do Festigal, podedes facer realidade este grande evento con máis de 100 actividades que se celebra o 24 e 25 de xullo no campus sur de Santiago de Compostela. Anímaste?

Porque o voluntariado do Festigal non só é un labor imprescindíbel para que exista esta nosa grande festa no marco do Día da Patria Galega, tamén é un motivo de orgullo para cantas persoas soñamos cunha Galiza liberada. En cada concello do país hai mozas e mozos dispostos a implicarse co Festigal. E non tan mozos, que tamén sabemos do valor da experiencia! Desta altura, talvez ti sexas unha desas persoas que desexa dar o paso e colaborar por vez primeira. Comunícanolo canto antes para organizarmos man a man o mellor Festigal! Ímolo conseguir!

Inscríbete como voluntaria ou voluntario utilizando o seguinte formulario. Bótanos unha man!

    Nome e apelidos *

    Móbil *

    Correo electrónico *

    Localidade *

    Escolle o servizo para o que queres ser voluntaria ou voluntario

    SeguranzaBarrasServizo sanitario

    Escolle o día ou días

    24 de xullo (quendas de 22:00 a 4:00)25 de xullo (quendas de 13:00 a 24:00)

    Por se queres facer algún comentario ou suxestión

    Escribe as letras que aparecen debaixo.

    captcha

    * Campos obrigatorios

    Privacidade: O tratamento dos datos persoais está axustado á normativa estabelecida no Regulamento Europeo de Protección de datos (UE) 2016/679, e normativa de desenvolvemento.

    A %d blogueros les gusta esto: