O Festigal pon a túa disposición unha zona de acampada para facilitarche a estancia na noite do 24 de xullo en Santiago de Compostela.
Precísase de inscrición previa até o 22 de xullo cubrindo o seguinte formulario. As persoas que non o cubran poderán rexistrarse directamente no pavillón da USC o propio 24 desde as 22h, mais por motivos de espazo só terán asegurada a acampada quen se inscriba previamente.
Para participar na acampada deberás levar o teu saco de durmir, esterilla, toalla e produtos de aseo persoal. Galiza Nova entregará a cada campista unha tarxeta personalizada, previo depósito de 5 euros, con copia para o seu rexistro. O lugar de acampada será pavillón polideportivo da USC, situado no campus sur, e estará aberto dende as 22:00 horas do día 24 até as 10:00 horas do 25 de xullo.
No propio recinto do Festigal, o 24 e 25 de xullo, habilitarase un espazo cuberto no recinto de organización para que as persoas que participen na acampada deixedes as vosas mochilas no seguinte horario:
24 de xullo:
- depósito: de 15:45 a 17:30h
- retirada: de 20:30 a 23:00h
25 de xullo:
- depósito: de 9:30 a 11:30h
- retirada: de 18:00 a 23:00h
Facilitamos así a asistencia ás decenas de actividades programadas neste grande evento cultural que combina música, libros, charlas, concertos e obradoiros.
RESERVA A TÚA PRAZA NA ACAMPADA
Mapa de situación:
Ver Festigal nun mapa máis grande