O rexurdir do deporte gaélico, tamén no Festigal 2014

O Aberto de Billarda do Día da Patria, a exhibición de artes marciais históricas e a “All Stars Liga Gallaecia” de fútbol gaélico manteñen viva a tradición deportiva

Jogando1

As persoas seareiras do Festigal 2014 están en boa forma, como así demostran os equipos que farán unha exhibición de artes marciais históricas europeas “Gallaecia in Armis” o Día da Patria a partir das 16:00 horas no campus sur de Santiago de Compostela. Será a oportunidade de contemplar unha mostra de esgrima antiga e do xogo de pau galego.

Image000A febre da billarda percorre o país e ten unha das súas citas imprescindíbeis no Aberto de Billarda do Día da Patria, da Liga Nacional de Billarda (LNB), previsto de 17:30 a 19:00 horas onde brillarán a emoción e o bruar das estornelas.

A continuación, será a quenda do acto de presentación da Plataforma Pro Oficialidade Galega e os eventos deportivos concluirán coa “All Stars Liga Gallaecia: Interior Vs AP-9” de fútbol gaélico. Este deporte, de fondas raíces celtas, mantén o espírito comunitario e o orgullo pola cultura propia que mesmo recollen lendas tradicionais que fan referencia ao deporte en equipo máis lonxevo.

Estas actividades intégranse nas máis de 100 actividades programadas nesta edición do Festigal 2014 que encherán de creatividade cultural e artística o campus sur de Compostela o 24 e 25 de xullo, cunha oferta de lecer gratuíta destinada á mocidade que serve de escaparate da música reivindicativa do país.

Consulta a programación do espazo “Deporte Galego“.

Tamén che pode interesar...

1 comentario

  1. 25 Agosto, 2014

    […] Este 25 de Julho estaremos com as compis da Liga Gallaecia no Festigal, num formato “All-Star” que rematará cum emfrontamento “Interior Vs AP-9“. Noticia do Festigal […]

A %d blogueros les gusta esto: