O rap retranqueiro de SonDaRúa gañador da III edición do concurso Novos Valores

O grupo de rap de Ponteareas SonDaRúa resultou gañador da III edición do Concurso de Novos Valores do Festigal. A súa proposta coa canción “En galego NON mola”, que aborda dun xeito retranqueiro a situación actual da lingua galega, foi escollida como vencedora deste certame polo xuri designado.

SonDaRúa é un grupo de rap que leva tocando dende o 2016, formado por Alex Arnoso e Hugo Guezeta que abrirá o Festigal na súa décimosexta edición. Sacaron ao longo deste ano xa singles coma “Estilo combativo” e un dos seus membros, Hugo Guezeta unha maqueta titulada “A dignidade non se merca” co single “Episentro”.

Traerán ao Festigal unha proposta de rap combativo en cuxas letras pode atoparse denuncia social da situación colonial da Galiza e das problemáticas que sufre a mocidade galega e a súa precariedade.

Você pode gostar...

1 Resultado

  1. 5 Xuño, 2017

    […] grupo de rap de Ponteareas SonDaRúa resultou gañador da III edición do Concurso de Novos Valores do Festigal. A súa proposta coa canción “En galego NON mola”, que aborda dun xeito retranqueiro a […]